Cada día as unitarias, escolas-aula, e as escolas-cíclicas xogan un papel máis decisivo no encontro, mantemento e revitalización do medio rural mais, na vez de ser postas en valor, os éxitos e privilexios do modelo educativo da educación por niveis evolutivos, ritmos de aprendizaxe (e non por idades, cursos) son agochados entre as cifras da sociedade tecnolóxico-especialista.
A maiores do anterior, o paradoxo é claro. Para este ano 2010-2011 pecharon definitivamente as súas portas 19 escolas rurais, ao tempo que se invisten cartos na construcción de novos centros educativos.
Pechar unha unitaria é como asfaltar un monte. |